Monday 06 de May de 2024

Charla informativa ‘Acompañando ás persoas con cancro’


A xunta local ordense da Asociación Española contra o Cancro en colaboración co Concello de Ordes ofreceu a charla ‘Acompañando ás persoas con cancro’. A casa da cultura ordense acolleu na tarde de onte a numeroso público que quixo escoitar os consellos e ensinanzas do psicólogo Marcos Calvo. Entre eles e elas estaba a concelleira Ana Soneira.